Benvid@s!
Moi bo día!
Botamos a andar no camiño da dinamización da lingua galega no noso centro, Juana de Vega. Despois dun tempiño parad@s por diversas circunstancias, hoxe queremos darvos a benvida ao que desexamos que sexa un camiñar común a prol da nosa lingua.
Con este blog, buscamos que as familias saibades que actividades, ideas, proxectos, arroutadas... andamos argallando no noso centro co obxectivo de
COMPRENDER MÁIS GALEGO
APRENDER MÁIS GALEGO
FALAR MÁIS GALEGO
Un saúdo agarimoso e aquí vos agardamos, con moita ilusión!
Comentarios
Publicar un comentario