Publicacións

Velaí ven o Entroido cos "Mandadiños do Meco"

Imaxe
O Meco?  Que Meco ??      O Meco é un personaxe característico do Entroido en moitas vilas galegas; entre elas na Coruña. A primeira referencia que se ten de "Meco" é do Padre Sarmiento no século XVIII. O Meco toma a forma dunha "falla" (si, coma as de Valencia) ou ben dun monicreque e representa todas esas cousas que se facían polo Entroido mais non estaban permitidas no resto do ano: comer moito, bailar moito, pintarse, andar de troula polas rúas, etc. Se queredes coñecer máis sobre este personaxe da nosa historia, recomendamos que acudades á páxina web de...      Total... que nuns días veremos que nos manda facer ou traer o "meco" do noso cole, para comezar o tempo de Entroido como se merece. Porque lembrade que este ano, estamos "Orgullos@s de Nós!" e orgullos@s do noso.

21 Días en Galego

Imaxe
Esta proposta vai dirixida ao alumnado do noso Centro, para que fale máis en galego e perfeccione o seu uso dentro e fora da aula. Do 7 ao 28 de febreiro, todos/as falamos en galego.